sábado, 26 de noviembre de 2016

Regras para a colocación dos clíticos.

1.      Nas oracións declarativas negativas onde aparezan “ningún”, “nunca”, “non”, “nada” e “ninguén” diante do verbo, o pronome persoal átono vai en posición enclítica.

Exemplos:
-          Non che podo dicir con seguridade a que hora imos. BEN
-          Non pódoche dicir con seguridade a que hora imos. MAL
-          Nada me gusta máis que escoitar música clásica. BEN
-          Nada gústame máis que escoitar música clásica. MAL
-          De tódolos exemplos, ningún me convenceu. BEN
-          De tódolos exemplos, ningún convenceume. MAL

2.      Nas oracións exclamativas e nas interrogativas que estean introducidas por un adverbio ou por un pronome que sexa exclamativo ou interrogativo, o clítico tamén vai antes do verbo.
                        Exemplos:
-          Quen te avisou de que o concerto era a esa hora? BEN
-          Quen avisoute de que o concerto era a esa hora? MAL
-          Como me gustaría que me invitase! BEN
-          Como gustaríame que me invitase! MAL



3.      O mesmo ocorre cando antes do verbo hai un pronome relativo:

Exemplo:

-          A festa que che dixen non vai ser en Lugo. BEN
-          A festa que díxenche non vai ser en Lugo. MAL.

*O marcado en azul é o pronome relativo

4.      Algo semellante ocorre cos enunciados enfáticos, pois cando estes se realizan, obrigan ao pronome átono a levar unha posición proclítica:

            Exemplo:
                        -Oxalá me fixese máis caso! BEN
                        -Oxalá fixéseme máis caso! MAL
                        -O demo te leve! BEN
                        -O demo lévete! MAL

5.      Coa maior parte dos adverbios (axiña, algures, inclusive, moito, talvez, xa, etc.) incluídos os rematados en “-mente”.

Exemplos:

      -Xa me dixo que non che ía gustar a sorpresa. BEN
      -Xa díxome que non che ía gustar a sorpresa. MAL
      -Enseguida me enfada. BEN
      -Enseguida enfádame. MAL
      -Rapidamente volo levo! BEN
      -Rapidamente lévovoloMAL

6.      Cos pronomes indefinidos tamén se dá esta situación:
                        -Alguén mo dixo, mais non me lembro quen foi. BEN
                        -Alguén díxomo, mais non me lembro quen foi. MAL
                        -Calquera o diría a estas alturas! BEN
                        -Calquera diríao a estas alturas! MAL

7.      Coas conxuncións e locucións conxuntivas (que, se, porque, xa que...)

      -Supuxen que che gustaría. BEN
      -Supuxen que gustaríache. MAL

·        EXCEPCIÓNS A ESTA REGRA:

a)     A conxunción “pois” non produce a próclise do pronome, senón que este segue a colocarse DESPOIS do verbo:

“Pois fíxoo moi ben ao meu parecer”

b)     Se a conxunción funciona como un marcador discursivo, volvemos a estar fronte un caso de ÉNCLISE do pronome

“É que... díxenche que iso non se podía facer.”

c)      Finalmente, se a conxunción disxuntiva ten un valor exclusivo, tamén se coloca o clítico detrás do verbo.



“Dismo xa ou quéixome a teus pais”

No hay comentarios:

Publicar un comentario