sábado, 26 de noviembre de 2016

Exercicios II: Corrixe os erros e explícaos.

1)  Eu non voume de aquí.
2)  Me manquei a man e miña nai se preocupou moito.
3)  Eu xa esperábamo del, que ben coñézoo.
4)  Me chamou hoxe e me dixo que queríame invitar ao cinema.
5)  Calquera dille nada a ese rapaz, co xenio que ten...
6)  Xa sei que fixestes as paces porque era o que mellor convíñavos.
7)  Pois me creo todo o que me dis, para a túa sorpresa.
8)  Oxalá chámeme hoxe!
9)  Discretamente fíxome un xesto coa man e entendín o que queríame dicir.
10) Para ser honestos, si que fíxoo ben.





SOLUCIÓNS


1)  Eu non me vou de aquí.

Adverbio de negación "non" que provoca a próclise do pronome.

2)  Manqueime a man e miña nai preocupouse moito.

Son as colocacións normais do pronome átono con respecto ao verbo, é dicir, a posición enclítica. Non hai ningún elemento que altere dita posición, de maneira que se manteñen.

3)  Eu xa mo esperaba del, que ben o coñezo.

No primeiro caso, podemos ver a presenza do adverbio "xa", o cal provoca a próclise do clítico.
No segundo caso, o que provoca a próclise é a presenza da conxunción "que".

4)  Chamoume hoxe e díxome que me quería invitar ao cinema.

Os dous primeiros casos corresponden á colocación normal do pronome (enclítica).
No terceiro prodúcese a próclise do pronome debido á presenza da conxunción "que".

5)  Calquera lle di nada a ese rapaz, co xenio que ten...

Despois do pronome indefinido, o pronome colócase en posición proclítica.

6)  Xa sei que fixestes as paces porque era o que mellor vos conviña.

Posición proclítica debido a que está introducido por unha conxunción "que".
7)  Pois créome todo o que me dis, para a túa sorpresa.

A conxunción "pois" non produce a próclise do pronome, polo que se mantén na súa posición normal. 

8)  Oxalá me chame hoxe!

Debido ao carácter desiderativo da oración, vai en posición proclítica. 

9)  Discretamente me fixo un xesto coa man e entendín o que me quería dicir.

No primeiro caso, colócase antes do verbo debido á presenza dun adverbio.
No segundo, colócase antes posto que hai unha conxunción "que".

10)  Para ser honestos, si que o fixo ben. 

Colócase antes do verbo posto que está precedido por unha conxunción "que".

No hay comentarios:

Publicar un comentario