sábado, 26 de noviembre de 2016

Exercicio III: Explica a posición dos clíticos en cada caso.

1)  Oxalá te decates algún día!
2)  Marcho xa porque me doe a cabeza.
3)  O demo te leve!
4)  Facilmente o ía adiviñar porque non era nada discreto.
5)  Dixo que non o sabía, pero intúo que era mentira.
6)  Nada o pode xustificar. 
7)  Aínda que todos mo dixeron, eu intentei facerme a tola.
8)  As saias que che merquei eran de máxima calidade.
9)  Creo que che ía gustar esta película, a temática éme moi similar ao teu estilo.
10) Nalgures te espera o amor da túa vida, xa verás.




SOLUCIÓNS

1) Enunciado enfático.
2) Precedido dunha conxunción.
3) Enunciado enfático.
4) Está precedido duna adverbio.
5) Precedido dunha conxunción/ 
6) Precedido dun indefinido.
7) Precedido dun indefinido.
8) Precedido dunha conxunción
9) Precedido dunha conxunción / colocación normal do pronome
10) Precedido dun indefinido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario